martes, 11 de marzo de 2014

Bach

Johann Sebastian Bach

 
Johann Sebastian Bach (IPA /joˈhan/ o /ˈjoːhan zeˈbastjan ˈbax/ en alemán) (Eisenach, Turingia, 21 de marzojul./ 31 de marzo de 1685greg., – Leipzig, 28 de julio de 1750) fue un compositor, organista,clavecinista, violinista, violista,

martes, 4 de marzo de 2014

Grazas PUYOL!!!!!

PUYOL


A pesar de non ser un dos meus, de estar no bando rival, de terme feito pasar malos momentos, hoxe é un día triste para o fútbol español. Hoxe anunciou a súa retirada do Barsa , e polo tanto do fútbol de alto nivel, o seu gran capitán dos últimos anos, Carles Puyol.


Puyi, como parece ser que lle chamaban no vestiario do barsa, era un deses xogadores que nos caen ben a todos, el non se metía en fregados de discusións intentando dar leccións de moralidade ó resto do mundo, e ese era exactamente o xeito en que era admirado por todos e cada un nos. Nunca oín falar mal dun señor que deixou en evidencia a moitos outros polo camiño, e que demostrou un admirable afán de superación durante toda a súa carreira, na que demostrou que alguén moi limitado tecnicamente pode chegar a ser un dos mellores xogadores do mundo, alomenos no seu posto , e que volve a demostrar unha vez mais a clase de persoa que é, renunciando a dous anos que lle quedan de contrato, porque cree que non pode dar o nivel que se merece o seu equipo da alma. Grazas Puyol!!!
PDF noticia

DIEGO COSTA

Mención aparte merece o xogador do Atlético de Madrid, Diego Costa, o cal eu creo que é un fantástico xogador, duro e que fai temblar a calquera defensa, xa que os centrais non teñen un respiro con el. Pero unha cousa é eso e outra moi diferente o que agora nos traemos entre mans.

Por unha parte está a súa recente fichaxe pola seleccion, algo ó que me opoño con rotundidade.Por varios motivos. Un é que o xogador brasileiro ven sendo eso, brasileiro. Por moito que a súa documentación diga que é español, se este é un campeonato por seleccións, España debería contar con xogadores da nosa terra, que os ten moi bos por certo, e non acometer fichaxes de última hora, deixando en evidencia a xogadores como Negredo, Llorente ou outros dianteiros que poden perfectamente facernos de novo campeóns como xa o lograron estes anos atrás.

Outra que non logro entender e ese repentino aprecio que sentimos por un xogador ó que tildamos de porco (e de ahí pra riba) non hai moitas fechas, e agora xogadores coma Ramos ou Alba entre outros, como se fora o seu mellor amigo. Eso chámase hipocresía.

Por outro lado, o seleccionador, Vicente Del Bosque , a quen eu tiña en gran aprecio, pero que está dando mostras de perdelos papéis. Pra que non me chamen vantaxista se chegado o momento nos damos un batacazo, agora expreso a miña opinón sobre el. Se non levas a un tal Arbeloa (na miña opinión hai moito tempo que debería haber deixado de ir, pero polo malo que é) porque está metido en tódolos fregados, dende logo resulta moi incongruente levar a Costa, porque non coñezo, a parte de Pepe ou Dani Alves (non seleccionables) a ningún xogador que estea en mais fregados que o brasileiro.

MIGUEL CARDENAL
(Orgullosos del Barsa)

Este señor parece ser que e o secretario de estado para o deporte, suponse dun personaxe con ese cargo que debería ser un tipo equilibrado, que mirase polos intereses de España, e que sobre todo, velase porque se cumpra a lei. Pois non , este señor vaise polas ramas e intenta desviar un asunto que está sendo investigado pola xustiza, levándoo a un forofismo digno dun Boixos Nois, e tratando o tema dun xeito totalmente inaceptable.

Vale que cada un pode ser do equipo que queira, pero hai cargos donde a imparcialidade e os intereses comúns, deben estar por enriba do forofismo. Por un lado este señor fainos ver tódalas bondades que ten o seu equipo, todo o que lograron, todos os grandes xogadores que nos deixaron e toda a obra social que arrastra o seu clube. Pero realmente eso lles permite estar por enriba da lei?

Neste país, todo vai ben a non ser que lle toquen ó noso equipo de fútbol, porque entón montamos en cólera, ou ó noso xogador favorito, porque é o momento de facer baixar diversas conspiracións xudeo-masónicas sacadas de non sei donde. Agora resulta que dende Barcelona se critica o xuíz Ruz porque leva o seu caso demasiado a presa, cando todos estamos dacordo en que a xustiza é demasiado lente é hai que axilizala. Pero non so iso, senon que xa Lionel Messi ingresou unha gran cantidade de cartos en facenda, por un presunto delito fiscal, e agora o Barsa fai o mesmo, pero a culpa é da xustiza, obviando que presuntamente foron o barsa e Messi os que deixaron de aboarnos (si, a todos nos) unha cantidade incipiente de cartos.

Que os socios do Barcelona non lles interese saber o que se paga por un xogador, ou se o seu presidente cobra comisións dos propios fichaxes do clube... eso é algo que a min non me importad demasiado, pero dende o momento en que esa estafa nos afecta a todos , entón a cousa cambia.

O partido Popular negou e renegou a existencia da trama Gurtel,  a existencia de sobresoldos, pero o xulgado viu indicios de que eso existía, continuou adiante , e logo veremos se é ou non condenado. Pero xa ninguén duda da súa existencia. O barsa negou que a fichaxe de Neymar costase mais de 57 millóns de euros, unha e outra vez, pero esta xa pasa dos cen, convertíndose na mais cara da historia. Alomenos noventa xa están recoñecidos...pero .... ¿Porque nos molesta tanto que investiguen unha fichaxe que a todas vistas é fradulenta?

A culpa de todo... de Mouriño....ai non que xa non está... pois de Florentino, que carallo!!!!

This is Spain